8 de dezembro de 2012

Convocatoria da XVII Asemblea Plenaria do Encontro Social de Ferrol Terra - 18 de Decembro de 2012

XVII Asemblea Plenaria do Encontro Social de Ferrol Terra

Proposta de obxectivos e orde do día para a XVII Asemblea Plenaria do proceso de construción do Encontro Social de Ferrol Terra e da Rede de Apoio Mutuo.

Día: Martes 18 de Decembro.
Lugar: Local Asociación Veciñal de Esteiro.
Horario: de 19:00 a 21:00 horas.

Obxectivo da reunión:

- Recibir información sobre Arméria Soc. Coop. e das diferentes comisión e grupos (Grupo Finanzas Éticas ..., Comisión Roupeiro ...,, e outros se a houber.
-  Recibir información, deliberar e acordar sobre a Rede de Apoio Mutuo (STOP-Desafiuzamentos, Xustiza Social, ..).
- Debater e avaliar a situación da Comarca (Paradores, Desemprego, Navantia, Poligal, Taxas Xudiciais, Vivenda, Loita contra Reganosa, ...)
- Avaliar os avances do Encontro neste primeiro ano de funcionamento.
- Tratar outros asuntos de interese.
Orde do día:
1.- Constitución de Arméria Soc. Coop., últimos pasos.
2.- Local de Arméria na Traseira do Mercado de Caranza (Legalización, Dotación e Abertura).
3.- Información da Comisión Dereito a unha Vivenda Digna - STOP-Desafiuzamentos.
4.- Constitución dunha Comisión de Xustiza Social - Regulamento do 'Peto Solidario' - Caso 'A' - Préstamo Pago Multa. Valoración.
5.- Constitución da Comisión de Arméria para Recuperación e Comercialización Alternativa de Roupa e outros Complementos de Segunda Man.
6.- Información sobre a presentación do Banco de Tempo.
7.- Valoración Mobilizacións (En defensa da Sanidade Pública; 10D Acción da Marcha Mundial ...; Por unha Xustiza para to@s; Acción Día das Migracións 18D; ...).
8.- Pasos dados na proposta de Foro Social de Ferrol Terra co obxectivo de deliberar e analizar sobre o actual modelo enerxético e as posíbeis alternativas.
10.-. Debater e avaliar a situación da Comarca (Paradores, Desemprego, Navantia, Poligal, Taxas Xudiciais, Vivenda, Loita contra Reganosa, Unidade Sindical, ...)
11.- Un ano de Encontro Social - Avaliación e Propostas.
12.- Outros asuntos se os houber.
Lembramos que este é unha orde do día aberta quen quixer tratar algún asunto que o envie a o correo-e de coordinación do Encontro:

forosocialdeferrolterra@gmail.com

Ferrol Terra, 8 de Decembro de 2012

|||||||||||||||

Nenhum comentário:

Postar um comentário